Segundas Lenguas e inmigración

 
Second Languages and immigration

      A aprendizaxe dunha nova lingua pode ser unha actividade apaixonante e plena de desenvolvemento persoal. Pode ser unha obrigación cando forma parte dun currículo de estudos, pero tamén é unha necesidade de primeira orde para amplos grupos de poboación que, por distintas razóns, teñen que vivir e traballar ou estudar nun país cunha lingua distinta da propia. Neste sentido, pódese entender a lingua e a súa aprendizaxe como un instrumento de desenvolvemento persoal e de transformación social. O coñecemento e uso dunha segunda lingua (L2) permite introducir cambios substanciais nas propias condicións de vida, acceder á información e, en consecuencia, actuar sobre o contorno.

    Con todo, o ensino de idiomas non sempre recolle axeitadamente as necesidades e aspiracións destes colectivos de cidadáns. Por prexuízos e estereotipos sociais, os inmigrantes adoitan quedar á marxe dos programas tipo de ensino de linguas, porque se tende a considerar que non teñen nin a formación, nin os recursos económicos dos estudantes convencionais de idiomas. A imaxe negativa do inmigrante como un suxeito con múltiples carencias fai que non se destaquen, suficientemente, as súas necesidades lingüísticas.

    Cando se caracteriza ao estudante inmigrante, os compoñentes socioeconómicos e culturais adoitan ser os aspectos máis marcados. Desta forma adóitanse obviar as variables contextuais que determinan o modo no que se aprende e se empregra unha L2 en contacto directo coa comunidade de fala da devandita lingua. Esta situación plantexa as suficientes esixencias comunicativas como para que o ensino/aprendizaxe de L2 necesite dispor de descricións lingüísticas precisas sobre o uso da lingua neses contextos.

    A investigación neste campo proporciona ferramentas que permiten identificar e seleccionar contidos lingüísticos, deseñar secuencias didácticas, programas e materiais adaptados ás necesidades dos estudantes inmigrantes.

    No entanto, nin a investigación nin a didáctica poden avanzar se non se parte dos traballos xa realizados. Facilitar o acceso a parte de ditos traballos é o obxectivo deste portal. Pretendemos pór a disposición de profesores, investigadores e estudantes unha selección de traballos, documentos e recursos didácticos que sirvan para iniciarse no estudo de L2 ou para profundar no coñecemento dalgúns dos seus compoñentes básicos.

    O ensino e aprendizaxe dunha nova lingua poden ser actividades apaixonantes de coñecemento e achegamento entre individuos de distintas culturas e procedencias. Para nós son tamén instrumentos que nos permiten tentar cambiar o mundo no que vivimos. Esperamos que esta iniciativa resulte útil para todos aqueles en quen pensamos e, sobre todo, contribúa a mellorar o ensino de segundas linguas aos traballadores inmigrantes e as súas familias.

  

  Segundas Linguas e Inmigración.

CON EL APOYO DE
Universidad de Málaga.  Cursos para extranjeros.
Universidad de Deusto. Cursos y jornadas de lengua para inmigrantes
Universidad de Alcalá. Departamento de Filología.
Universidad de Alicante. Departamento de Filología Española, Lingüística General  y Teoría de la Literatura.
Universidad Complutense Madrid. Facultad de Educación. Departamento de didáctica de la(s) lengua(s) y la(s) literatura(s).
UNED Departamento de  lengua española y lingúística general.
Asociación Española de Lingüística Aplicada.
Asociación para la Enseñanza del Español como Lengua Extranjera.
Observatorio Atrium Linguarum.
Universidad Autónoma de Madrid. Facultad de formación del profesorado y educación.      Área de filología inglesa.
Universitat Pompeu Fabra. Departament de  Traducció i Filologia.